Publicador de contidos

As notarias galegas rexistran case 25.000 testamentos no primeiro semestre do ano

As notarias galegas rexistran case 25.000 testamentos no primeiro semestre do ano

O Colexio Notarial de Galicia estima que este ano se superarán os rexistrados no 2020

G24.gal 02/11/2021 21:56

Entre xaneiro e xuño deste 2021 as notarías galegas rexistraron case 25.000 certificados de últimas vontades e, segundo o Colexio Notarial de Galicia, o ano podería rematar superando os 46.125 testamentos rexistrados no 2020, ano marcado pola pandemia.

Formalizar un testamento ante notario outorga seguridade xurídica e pode evitar problemas e conflitos familiares futuros.

Desde o Colexio Notarial de Galicia aconsellan que o testamento se adapte ás circunstancias en cada etapa da vida. Para facelo abonda con acudir co DNI a unha notaría. O seu custe medio oscila entre os 38 e os 50 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar