Publicador de contidos

Publicador de contidos

As inundacións en Castelló e Valencia obrigan a rescatar ducias de persoas en coches e vivendas.

As inundacións en Castelló e Valencia obrigan a rescatar ducias de persoas en coches e vivendas.

No interior da provincia de Castelló rexistráronse 225 litros por metro cadrado en 24 horas

Un  raio obrigou a interromper temporalmente o tráfico aéreo no aeroporto de Manises

G24.gal 12/11/2022 21:23 Última actualización 12/11/2022 21:51

As chuvias, que chegaron aos 225 litros por metro cadrado no interior de Castelló, converteron as estradas en ríos. Nesta provincia, os bombeiros e a Garda Civil tiveron que rescatar vinte persoas que quedaran atrapadas pola enchente nos seus coches, entre eles varios menores.

Outra das zonas máis afectadas foi a área metropolitana de Valencia, onde varias persoas foron rescatadas das súas casas. Na localidade de Quart de Poblet auxiliaron en helicóptero dez traballadores de dúas empresas do polígono industrial, que quedaron illados polas inundacións. Un raio interrompeu temporalmente o tráfico aéreo no aeroporto de Manises, onde se cancelaron 28 voos e outros 10 tiveron que ser desviados.

Tamén houbo cortes no metro e no trens de proximidade. Na provincia de Valencia a situación xa mellorou. No interior e no sur da provincia de Castelló mantense a alerta laranxa por chuvias e treboadas intensas ata as dez da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade