Publicador de contidos
Publicador de contidos

As embarcacións de recreo protagonizan a metade das emerxencias no mar

As embarcacións de recreo protagonizan a metade das emerxencias no mar

Unha campaña alerta da importancia de revisar os elementos de seguridade

O risco de morrer afogado exponse no vídeo da campaña 

G24.gal 23/06/2024 21:13 Última actualización 23/06/2024 22:12

Cun vídeo que amosa a imaxe dun afogado, a nova campaña de seguridade na náutica de recreo intenta concienciar sobre a importancia de accións sinxelas antes de partir, como avisar dos plans ou comprobar os materiais. 

O patrón Gonzalo Villamil explica a necesidade de portar chalecos salvavidas para todos os ocupantes da embarcación, con balizas e extintores. Tamén é imprescindible ter a radio sintonizada na canle de alerta, a 16 de VHF. Precisamente "Unha alerta a tempo é o teu mellor salvavidas" é o lema escollido pola Dirección Xeral da Mariña Mercante e Salvamento marítimo para esta campaña.

"Estas campañas son absolutamente necesarias porque no mar hai moito indocumentado", advirte Gonzalo.

"Nós temos un dito que é que Deus é bo, porque quedas sorprendido de como chega aos sitios algunha xente", comenta Paco Martínez, patrón de embarcacións de recreo.

Máis aló destas advertencias básicas, os patróns piden que se actúe para evitar os incidentes coas candorcas que nos últimos catro anos veñen condicionando a navegación nas nosas costas. 
E tamén reclaman atención sobre as motos acuáticas.

"As motos saen a toda velocidade das praias, non cumpren as zonas de fondeo e van a todo o que dá a moto", critica Paco Martínez.

 
A responsabilidade individual é imprescindible para a seguridade. As embarcacións de recreo foron responsables o ano pasado da metade das emerxencias atendidas no mar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade