Publicador de contidos

Publicador de contidos

As choivas torrenciais afástanse da Comunidade Valenciana

As choivas torrenciais afástanse da Comunidade Valenciana

Hai oito estradas cortadas e actuacións puntuais dos bombeiros, pero retiráronse os avisos de emerxencia

G24.gal 13/11/2022 14:41 Última actualización 13/11/2022 15:06

A Comunidade Valenciana tenta tornar á normalidade, despois de sufrir dende o venres pasado un intenso temporal con choivas acumuladas de ata catrocentos litros por metro cadrado nalgúns puntos, que provocaron numerosos asolagamentos, especialmente en Castelló e Valencia. Mesmo foi preciso rescatar sete condutores que quedaron atrapados nos seus vehículos.

Aínda que seguen os traballos dos bombeiros, esta madrugada xa non se rexistraron choivas significativas, os avisos de emerxencia retiráronse e restableceuse a circulación de trens na liña entre Valencia e Utiel. 

Aínda así continúan afectadas oito estradas secundarias por asolagamentos ou desprendementos, e mantense a vixilancia nas comarcas da Plana Baixa, L'horta Oest e Camp de Túria. Tamén en Valencia continúa cortada unha liña de metro e os bombeiros seguen a realizar achiques en varias localidades. 

Os encoros, unha das maiores preocupacións para os veciños, permanecen todos por debaixo do nivel de risco de asolagamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade