Publicador de contidos

Publicador de contidos

As choivas no nordeste do Brasil deixan máis de 50 mortos e outros 56 desaparecidos

As choivas no nordeste do Brasil deixan máis de 50 mortos e outros 56 desaparecidos

As autoridades do estado de Pernambuco temen un incremento de vítimas polo empeoramento da situación

G24.gal 29/05/2022 08:47 Última actualización 29/05/2022 22:06

Polo menos 56 persoas morreron e outras 56 permanecen desaparecidas no estado de Pernambuco, no nordeste do Brasil, como consecuencia dos corrementos de terra provocados polas fortes choivas que azoutan a rexión dende comezos de semana.

Máis de 4.000 persoas que viven en zonas de risco tiveron que abandonar os seus fogares, segundo informou o ministro de Desenvolvemento Rexional, Daniel Ferreira, durante unha rolda de prensa en Recife, a capital do estado, declarada en "situación de emerxencia".

O episodio máis tráxico tivo lugar no barrio Jardim Monte Verde, no sur da cidade, onde 20 persoas morreron cando un alude de terra levou por diante decenas de vivendas.

A pesar de que as choivas deron tregua este domingo, as autoridades temen que o número de vítimas poida aumentar nas próximas horas, para cando se agardan precipitacións máis intensas.

Desastres naturais

Os desastres naturais están a golpear con forza diversas rexións do Brasil dende o inicio de ano. No mes de marzo en Petrópolis morreron máis de 230 persoas por mor das choivas torrenciais.

Un mes despois, outras 14 persoas faleceron na costa verde de Río de Xaneiro debido principalmente aos corrementos de terra provocados polas precipitacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade