Publicador de contidos

Publicador de contidos

As axudas do plan Renove para a automoción esgótanse en 48 horas

As axudas do plan Renove para a automoción esgótanse en 48 horas

Os concesionarios agardan que se poida poñer en marcha unha segunda convocatoria

G24.gal 20/01/2022 14:31

O mercado reacciona en Galicia ás axudas do plan Renove activado pola Xunta. Os concesionarios esgotan os fondos en dous días. Rexistraron máis de 800 solicitudes para pechar operacións realizadas desde primeiros de ano.

Para optar ás axudas é necesario dar de baixa o vello vehículo de máis de dez anos e cambialo por un modelo eficiente que reduza a emisión de  gases.

O sector da automoción di que estas axudas chegan nun momento complicado para as matriculacións de vehículos e supoñen unha oportunidade para renovar un parque automobilístico cunha media de 14 anos de antigüidade na nosa comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade