Publicador de contidos

Publicador de contidos

As asociacións de usuarios da banca agoiran máis subas nas cotas das hipotecas

As asociacións de usuarios da banca agoiran máis subas nas cotas das hipotecas

Aconsellan informarse ben das posibilidades que ofrece cada hipoteca

G24.gal 19/03/2023 14:23 Última actualización 19/03/2023 17:10

O Banco Central Europeo iniciaba a semana subindo o prezo dos cartos medio punto e, aínda que baixaba o euríbor, asociacións de usuarios de banca, como Adicae, advirten que o prezo dos cartos seguirá subindo, e poderá chegar ata o 4 %.

Iso pode significar ata trescentos euros mensuais nunha hipoteca variable promedio, o que deixa poucas opcións aos pagadores.

"Dentro das posibilidades de cada un, de cada familia, hai que facer fronte a esta suba. En situacións límite ten que acudir aos códigos de boas prácticas, reclamar sempre calquera tipo de comisión, gasto para compensar esa suba e, en último caso, acudir ás moratorias", mantén Karina Fábregas, avogada da asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (Adicae).

Para Adicae a crise das entidades americanas e suízas non debería preocupar á clientela galega, xa que polo momento só afecta a bancos de investimento. Pola contra, si piden axudas para os hipotecados vulnerables, así como máis transparencia e contribución das entidades bancarias tras os enormes beneficios colleitados nos últimos meses.

"O que pedimos dende Adicae, que coincide co que di Christine Lagarde, a presidenta do Banco Central Europeo, é que a banca española ten que comezar a remunerar os depósitos nos mesmos tipos de interese aos que está a cobrar os créditos", defende Karina Fábregas.

En calquera caso, antes de negociar co banco, recomendan aos hipotecados acudir ás asociacións de consumidores para informarse sobre cal é a mellor solución á súa problemática. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade