Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquivado o caso da moza de Lugo que denunciara que a empurran da muralla abaixo

Arquivado o caso da moza de Lugo que denunciara que a empurran da muralla abaixo

 A rapaza caeu dende doce metros de altura e pasou unha semana na UCI

G24.gal 08/12/2022 14:58

O xulgado de Lugo arquiva a causa da moza que denunciou que a empurraran dende a muralla. A rapaza caeu dende doce metros de altura e pasou unha semana na UCI por causa das fracturas.

Denunciou ante a policía que un coñecido seu fora quen a empurrou debido á súa condición de transexual e logo dunha disputa. Agora o xulgado di que non hai probas de que se producise esa agresión. A rapaza leva meses en paradoiro descoñecido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar