Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden dúas naves industriais en Castro de Rei e 27 hectáreas de monte

Arden dúas naves industriais en Castro de Rei e 27 hectáreas de monte

O incendio quedou estabilizado contra a medianoite

Cortouse a subministración eléctrica na zona para evitar máis danos

G24.gal 18/08/2023 16:28 Última actualización 19/08/2023 01:17

Un incendio queimou dúas naves industriais no concello de Castro de Rei.

O lume comezou nunha nave de labras de madeira no lugar de Casás, na parroquia de Goberno. Dende alí estendeuse a unha nave de troncos. Preto do lugar hai unha nave de polos que non se viu afectada por agora. Pero as lapas estendéronse polo monte.O lume calcinou unhas 27 hectáreas de terreo antes da súa estabilización. 

Os efectivos trasladados á zona pediron que se cortase a subministración eléctrica para evitar riscos.

O incendio comezou arredor das tres e vinte da tarde. Na zona traballan dous avións, tres helicópteros, os bombeiros de Vilalba, o GES da Pontenova, a Garda Civil e medios do distrito forestal da zona e do concello de Castro de Rei. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar