Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha casa en Vilalba mentres a propietaria durmía dentro

Arde unha casa en Vilalba mentres a propietaria durmía dentro

O ruxido do lousado ao caer espertouna e logrou salvarse do lume

G24.gal 16/05/2022 13:56

Os animais e a moreira, practicamente o único que se conseguiu salvar do lume que se produciu a noite do sábado nunha casa da Terra Chá.

"Chamoume miña nai por teléfono; eu estaba traballando e chamei un veciño para que viñese ver que pasaba. Despois falei coa miña nai e xa lle dixen que se botase fóra, e falei co 112", Miguel Villanueva, fillo da dona da casa.

Cando comezou o incendio, a nai de Miguel estaba durmindo no piso de abaixo.

"Ben deitou de acordar polo ruxido, e debeu ser ben grande, porque ela non oe sen aparello, e tíñao quitado", di Miguel.

A tormenta parece ser o motivo que orixinou o incendio. Aparentemente, a vivenda, que está asegurada, quedou tan danada que non serve nin a estrutura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade