Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen rotos os parabrisas dunha ducia de coches en Vilalba

Aparecen rotos os parabrisas dunha ducia de coches en Vilalba

Unha vez denunciados os danos, a Garda Civil investiga a autoría destes actos vandálicos

Félix Aragunde 07/06/2022 13:38

Co parabrisas roto, así apareceron media ducia de vehículos que estaban aparcados no centro de Vilalba. A peor parte levárona os estacionados no aparcadoiro público da rúa Guitiriz, onde uns cantos coches amenceron cos cristais escachados cun obxecto contundente.

Segundo os veciños da zona, este tipo de actos vandálicos son relativamente frecuentes. De feito, noutras ocasións teñen aparecido coches cos espellos partidos ou coas rodas picadas.

Unha vez presentadas as correspondentes denuncias por parte dos donos dos coches, a Garda Civil investiga agora a autoría destes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos