Publicador de contidos

Aparecen novas pintadas na contorna da catedral de Lugo

Aparecen novas pintadas na contorna da catedral de Lugo

Alertan de que estes actos vandálicos son máis frecuentes como consecuencia do 'botellón' das fins de semana

Piden que se instalen na zona cámaras de video vixilancia

Usaron pintura vermella para facer as pintadas xunto á escalinata do Palacio Episcopal
G24.gal 02/11/2021 14:26

Con pintura vermella, as portas do Palacio Episcopal. Os vándalos volven cebarse coa contorna da Catedral de Lugo.

A historia repítese di Mario Vázquez, deán da catedral de Lugo, lembra que fixeron pintadas tamén "no Palacio Episcopal, na catedral", e engade que "é un problema serio de mala educación".

Os veciños denuncian que os actos vandálicos cada vez son máis frecuentes como consecuencia dos botellóns das fins de semana. "Temos que chamar continuamente os servizos de limpeza, no centro de Lugo pero en total abandono", relata unha das comerciantes da zona.

E preocúpalles a imaxe que levan os turistas do corazón da cidade. "Algo así non pega co fermosa que é a cidade"; "Deberían facer traballos para a sociedade", "Hai moitas formas de expresarse sen facer isto", son algunhas das opinións que se escoitan na rúa.

O bispado alerta de que actos coma este provocan danos irreparables no patrimonio. "É difícil vixiar isto, asegura o deán da catedral, “que ouriñen nos muros da catedral”, actos, engade, que fan que “a porta norte da Ccatedral estea estragada, unha porta histórica con gran valor artístico".

Identificar e castigar os autores é complicado, por iso cren que unha medida efectiva sería instalar cámaras de vixilancia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade