Publicador de contidos

Publicador de contidos

Analizamos a situación do ciclismo virtual con Delio Fernández

Analizamos a situación do ciclismo virtual con Delio Fernández

O corredor moañés falou na sección de deportes electrónicos do Galicia en goles

G24.gal 29/04/2023 18:58

Hoxe quixemos darlle continuidade ao tema que tratamos a semana nesta sección pero cambiando de roda, trocando de deporte. 

O sábado pasado falamos con Alberto Núñez nesa ICC Week ourensá do ‘SimRacing’ e do automobilismo virtual. 

E hoxe quixemos facer o propio, pero con outro deporte, no ciclismo. Os rolos intelixentes, as plataformas de percorridos virtuais e o transvasamento dos amateurs ao profesionalismo a través destas ferramentas. Así mesmo analizamos o uso que se  fai con estes avances tecnolóxicos e audiovisuais para o adestramento nos ciclistas do pelotón mundial. 

E que mellor referente para conversar deste eido que o corredor galego en activo con máis anos no profesionalismo, o moañés Delio Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade