Publicador de contidos

Publicador de contidos

Algúns veciños evacuados na explosión de Madrid poden volver á casa

Algúns veciños evacuados na explosión de Madrid poden volver á casa

G24.gal 08/05/2022 21:08 Última actualización 08/05/2022 21:24

Dous días despois da explosión no centro de Madrid, algúns dos residentes evacuados comezan a volver á casa. Os técnicos municipais concluíron que 46 vivendas do edificio menos danado cumpren as medidas de seguridade para entrar, pero non todo o inmoble presenta o mesmo estado, segundo contan os propios veciños.

"Os meus compañeiros xa están dentro, si que nos permiten entrar pero non temos auga nin fria nin quente  e a casa está en perfecto estado". 

"Os pisos tres e catro son os máis afectados, así que por seguridade non podemos entrar, ata que nos digan".


Alberto Tirado, xefe de garda dos bombeiros explica que "hai 16 vivendas máis, as que están máis próximas ao edificio afectado, que non poden ser habitadas".

Durante toda a xornada os bombeiros continuaron traballando na zona para restablecer os servizos básicos nas vivendas ás que si permiten o acceso. 

As imaxes dos drons da Policía Municipal dan conta do estado do edificio en que comezou a explosión. O seu interior quedou case totalmente devastado. Os técnicos informaban os propietarios de que hai risco de que algunhas zonas se veñan abaixo. Begoña Villacís, Vicalcaldesa da cidade non descarta a súa demolición.

"Todos os técnicos de control de edificación viron as imaxes por dentro, é desastrosa e propia dunha quebra que probablemente se declare".

De momento, os veciños non saben que sorte correrán. O luns o concello ten previsto reunirse con eles para abordar as consecuencias materias deste sinistro que deixa dúas vítimas mortais.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade