Alberto Rodríguez, que renovou co Lugo, lamenta o partido realizado co Fuenlabrada
O xogador canario leva xogados 13 partidos, con 10 tiña a renovacion garantida
Alberto Rodríguez é o xogador Estrella Galicia do mes de abril. O central canario recollía esta mañá no Estadio Anxo Carro o premio que o acredita como tal por primeira vez nesta tempada.
O futbolista agradeceu o premio á afección e aos seus compañeiros, e valorou o encontro da próxima fin de semana fronte ao Real Zaragoza:
"Recibir o premio Estrela Galicia é algo moi satisfactorio. Entrégao a afección, e iso significa moito. Traballo ao máximo para ofrecer todo o posible ao grupo"
"Temos que aprender do último partido, e ir a Zaragoza con melloras claras. Temos que cambiar cousas, e buscar o noso obxectivo dos puntos"
O xogador canario leva xogados 13 partidos, con 10 tiña a renovación garantida. Lamenta o partido realizado co Fuenlabrada
"Non estivemos ao nivel de todo o ano, foi un partido para aprender"
|SP|📽️
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) May 18, 2022
👉 Lembra as palabras de @albertorguez92 na entrega do trofeo #XogadorEstrella Estrella Galicia do mes de abril! 🍺
👏 Elixido polos albivermellos a través das nosas redes sociais! 📲#ForzaLugo