Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alarma e preocupación tras un intento de secuestro nun colexio da Coruña

Alarma e preocupación tras un intento de secuestro nun colexio da Coruña

Os feitos aconteceron, presuntamente, cando a menor agardaba nunha das zonas de recollida e alguén non identificado se fixo pasar por un coñecido da familia 

G24.gal 07/04/2022 14:52

Aconteceu nunha das zonas de recollida do colexio Compañía de María cando a menor, de 10 anos, agardaba a que fosen por ela. Daquela, un home non identificado polo centro intentou, sen éxito, gañar a súa confianza, facéndose pasar por un coñecido da familia.

Desde o propio centro enviáronlles ás familias unha mensaxe de tranquilidade en que lles piden tamén que extremen as precaucións á hora das entradas e recollidas dos estudantes.

Un suposto suceso que encheu de preocupación tanto os pais dos alumnos da Compañía de María como dos outros dous centros que están a escasos metros.

Tras a denuncia dos pais da cativa, a Policía Nacional abriu unha investigación para poder esclarecer todas as incógnitas e proceder á detención do home. Amais, na zona intensificouse a vixilancia policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade