Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poñen en marcha campamentos de verán para nenos refuxiados de Ucraína

Poñen en marcha campamentos de verán para nenos refuxiados de Ucraína

Afundación Obra Social Abanca e a asociación AGA-Ucraína conseguiron enviar 91 toneladas de axuda humanitaria e recadar máis de 270.000 euros para os máis golpeados pola guerra

G24.gal 28/06/2022 14:17

Ata o 18 de agosto, en catro quendas, os campamentos están abertos non só a nenos e nenas ucraínos, senón tamén ás súas nais ou mesmo aos cativos galegos das súas familias de acollida.

Desde onte en Pontevedra hai nenos de cidades como Khárkiv ou Mariupol, que ven aínda moi lonxe a posibilidade de regresaren aos seus fogares. Veñen desde Monforte, Oleiros ou Maceda, onde recibiron acollida.

Fixeron xa moitos avances coa lingua, pero unha tradutora axúdaos a saber canto lles apetecen estas vacacións de verán. Moitos preguntaron polo océano e agora verano por primeira vez; e ademais de xogos, tamén terán varias excursións. 

"Facer obradoiros do Camiño de Santiago, coñecer Vigo ou o Castro de Santa Tegra, é dicir, conectar coa cultura galega e saír un pouco dos círculos que os acolleron, Maceda, Oleiros ou Monforte", explica Carlota Sánchez, coordinadora da área de Educación da Afundación. 

"Cen nenos ou aínda máis quedan cada día sen os seus pais e paréceme que os nenos que están alí teñen un verán moi distinto dos que están aquí agora. Por iso queremos facer todo o posible para que eles pasen aquí un verán normal", dinos Natalia Afónina, presidenta de AGA-Ucraína. 

Normal é unha palabra que, como nos contan, adquiriu para eles un valor moito maior desde que a guerra veu cambialo todo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade