Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adxudicado o derrubamento da torre do Garañón en Lugo

Adxudicado o derrubamento da torre do Garañón en Lugo

G24.gal 27/12/2022 20:36 Última actualización 27/12/2022 20:55

Xa hai prazo para derrubar a coñecida como torre do Garañón de Lugo. Nun máximo de catro meses haberá que botar abaixo este edificio sen rematar que dende 2009 estivo envolto en diferentes procesos xudiciais.

Dende a súa adxudicación ata a licenza e o proxecto de obra foron tumbados pola xustiza que, finalmente, ordenou o seu derrubamento. O concello terá que pagar medio millón de euros por derrubalo e o promotor do edificio reclama máis de vinte millóns polas perdas causadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade