Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acusado de homicidio o primeiro dos tres detidos polo crime do Porriño

Acusado de homicidio o primeiro dos tres detidos polo crime do Porriño

Pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade con cargos 

Os outros dous sospeitosos de matar a un home portugués declararán nos vindeiros días

G24.gal 21/12/2022 20:27 Última actualización 21/12/2022 21:25

Case dous anos despois a morte dun cidadán portugués, cuxo cadáver apareceu en avanzado estado de descomposición nun pozo, está máis preto de resolverse. Hai tres detidos por estes feitos e un deles xa foi acusado do homicidio polo xulgado numero 3 do Porriño.

Ese home quedou en liberdade con cargos e co seu pasaporte retirado pero a súa declaración serviu para incriminar tamén outros dous familiares que foran detidos pero que nun principio non eran sospeitosos. Agora si deberán prestar declaración nas próximas horas no xulgado porriñés encargado das dilixencias.

O seu testemuño será clave nun caso que se abriu en febreiro de 2021 cando no pozo dunha nave en desuso no Cerquido, moi preto do polígono industrial do Porriño, apareceu o cadáver dun home semiespido e en avanzado estado de descomposición. A autopsia determinou daquela que se trataba dunha morte violenta xa que o seu corpo tiña un forte golpe na cabeza e outras feridas no rostro. Unha técnica de aproximación facial forense, empregada por vez primeira en Europa, permitiu á súa familia, concretamente a súa nai, identificalo.

Perdéranlle a pista en Viana do Castelo en decembro de 2018. As pescudas para dar cos autores do crime nunca se interromperon e as detencións son o resultado dunha longa investigación que continúa aberta. Non se descarta ningunha hipótese pero o móbil do crime podería estar relacionado cun axuste de contas por débedas relacionadas coa compravenda de vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade