Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activados avisos por chuvia e vento forte en toda Galicia

Activados avisos por chuvia e vento forte en toda Galicia

Agárdase vento de 100 quilómetros por hora entre Fisterra e Ribadeo e nas zonas altas ourensás

As precipitacións serán intensas na Coruña e Pontevedra pola tarde e pola noite en Lugo e Ourense

G24.gal 31/12/2022 10:01 Última actualización 31/12/2022 10:25

O temporal chegou con forza a Galicia para despedir o ano. Hai avisos activados por chuvia e forte vento, que pode superar os 100 quilómetros por hora entre Fisterra e Ribadeo e nas zonas altas ourensás.

Pola tarde, as precipitacións serán intensas sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. A partir das nove da noite, nas de Lugo e Ourense agárdanse acumulacións superiores aos 60 litros por metro cadrado en doce horas.

O mal tempo está a deixar unha morea de incidencias. Case un milleiro de fogares quedaron sen luz, a maioría na comarca de Bergantiños. Nunha urbanización de Culleredo afundiu o chan en varios puntos e, no concello de Mondariz, formouse un río de lama que afectou tres vivendas e cortou dúas estradas.

A Xunta mantén activado o plan especial por risco de inundacións ante a suba do caudal de varios ríos. En Ferrolterra, no concello de San Sadurniño, tamén miran con preocupación a presa do río Castro, onde apareceron unhas fendas. O alcalde fai un chamamento para que ninguén se achegue á zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade