Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acordos entre empresas e comunidades de montes para compensar a pegada de carbono

Acordos entre empresas e comunidades de montes para compensar a pegada de carbono

Cómpre que o investimento se destine a plantar en terreos rasos ou a rexenerar superficies queimadas 

 

G24.gal 13/12/2021 21:00

O primeiro contrato de absorción de CO₂ de empresas contaminantes da comunidade de montes de Valadares permitirá botar 10 hectáreas de piñeiro, 5 de castiñeiro e a conservación das 70.000 árbores que xa se están plantando neste monte da Sobreira. 

O acordo económico é libre entre as comunidades e as empresas que estean dispostas a pagar polas súas emisións de CO₂ aínda que, polos seus niveis, non estean obrigadas a facelo. Só cómpre que ambas as dúas partes se inscriban no rexistro do Ministerio para a Transición Ecolóxica e que o investimento se destine a plantar en terreos rasos ou a rexenerar superficies queimadas. 

Durante a vaga de incendios de 2017, nos lumes que rodearon a cidade de Vigo arderon 235 das 300 hectáreas de superficie forestal desta comunidade de montes de Valadares.

O obxecto final é gañar tempo e sumar árbores no entanto continúa a procura de solucións para descarbonizar as actividades humanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade