Publicador de contidos

Publicador de contidos

Achados os corpos da parella desaparecida o 15 de decembro na localidade madrileña Brea de Tajo

Achados os corpos da parella desaparecida o 15 de decembro na localidade madrileña Brea de Tajo

A Garda Civil sospeita que o suposto autor do dobre crime é o seu veciño, un home español de 35 anos

O veciño morreu este 23 decembro ao chocar coa súa bicicleta contra unha furgoneta.

Segundo a investigación, puido tratarse dun suicidio; fora interrogado o día da desaparición da parella

G24.gal 29/12/2022 14:37 Última actualización 29/12/2022 21:00

A Garda Civil atopou este xoves nunha leira da localidade madrileña de Brea de Tajo os cadáveres, con signos de violencia, dun mozo de 18 anos e unha muller de 33. A desaparición da parella fora denunciada o pasado 15 de decembro, segundo informou a Comandancia en Madrid.

A investigación desenvolvida pola Garda Civil determino que o suposto autor do dobre crime é o seu veciño, un home español de 35 anos. Segundo as pescudas, este home suicidouse o pasado 23 de decembro chocando coa súa bicicleta contra unha furgoneta na R-3, no termo municipal de Mejorada del Campo. Un día antes, os axentes tomáranlle declaración no marco da investigación pola desaparición da parella.

O mesmo día que se denunciou a desaparición de Shirley e a súa parella, o 15 de decembro, os axentes da Policía Xudicial de Arganda del Rey tomaran declaración a numerosos familiares, amigos e achegados de ambos, entre eles a un dos seus veciños.

O día 23 de decembro, o veciño interrogado morreu montado na súa bicicleta, no accidente de tráfico anteriormente mencionado. Os investigadores tratan agora de establecer a relación entre esta persoa e a parella.

Os cadáveres da parella asasinada foron trasladados tras o achado ao Instituto Anatómico Forense, onde se lles realizará correspondente autopsia para determinar como se cometeron os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade