Cargando resultados...
Abanca pecha o 2021 cun volume de negocio de 107.000 millóns
Abanca pecha o 2021 cun volume de negocio de 107.000 millóns
A entidade bancaria di que se sitúa entre as que teñen mellor calidade de activos de España
G24.gal
27/06/2022 14:49
Abanca pechou o 2021 cun volume de negocio de 107.000 millóns de euros, un 7 % máis ca un ano antes.
A taxa de morosidade situouse no 2,1%, un 0,1 % máis, segundo os datos feitos públicos esta mañá durante a xunta de accionistas da entidade. Dende Abanca din que estes datos sitúan a entidade entre as que teñen mellor calidade de activos de España.