Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reivindica no Día de Galicia en Osaka a estabilidade e eficiencia como "mellor aval" para atraer investimentos

A Xunta reivindica no Día de Galicia en Osaka a estabilidade e eficiencia como "mellor aval" para atraer investimentos

Cre que a participación na Exposición Universal de Osaka 2025 é un "fito que vén reforzar un pouco máis os lazos culturais, comerciais e económicos entre a Galicia e O Xapón"

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, na Exposición Universal de Osaka 2025
G24.gal 17/09/2025 11:07

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reivindicou no Día de Galicia da Exposición Universal de Osaka 2025, a estabilidade e a eficiencia como o "mellor aval" do Goberno galego para atraer investimentos.

Lorenzana destacou durante a súa intervención a importancia de "captar investimentos estranxeiros", e sinalou que a participación de Galicia nesta feira é un "fito que vén reforzar un pouco máis os lazos culturais, comerciais e económicos entre a Comunidade e O Xapón".

"Esta é a primeira parada dunha viaxe que lestes días vai levar a visitar tamén Tokyo, porque queremos seguir traballando para que as relacións comerciais entre Galicia e Xapón sexan cada vez máis sólidas", subliñou.

Nesta liña, o obxectivo é que as empresas galegas atopen un mercado onde expandirse e abrir novas vías de negocio, e á inversa, "que o Xapón atope en Galicia un lugar que ten as portas abertas a todo proxecto que queira instalarse alí".

Así mesmo, lembrou que no sector turístico, o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo, Patrimonio da Humanidade, están irmandados desde 1998. Tamén o están as cidades de Santiago de Compostela e Tanabe; e as localidades de Padrón e Shingu, ao pé de ambas as rutas.

Finalmente remarcou que máis de 11.000 turistas xaponeses visitaron Galicia o ano pasado, un 5 % máis con respecto a 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade