Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta recorre ante o Constitucional a lei do clima

A Xunta recorre ante o Constitucional a lei do clima

Feijóo di que o artigo sobre á prorroga das concesións na costa afecta 232 empresas 

G24.gal 17/02/2022 16:41

A Xunta vai presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional pola lei de cambio climático do Goberno central. Anunciouno o presidente da Xunta tras a reunión do Goberno galego deste xoves.

Alberto Núñez Feijóo explicou que o artigo 20 da norma, que trata sobre a prórroga das concesións, afecta en Galicia a 232 empresas da cadea mar-industria e a 3.797 edificacións, das que 2.690 son vivendas.

"Estas industrias e estas vivendas teñen un prazo de demolición, polo tanto estamos falando de cousas moi serias. Estamos improvisando con esta lei de cambio climático e afectando dereitos consolidados dos titulares desas empresas e desas vivendas", dixo Feijóo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade