Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pide restrinxir a rega de xardíns, as piscinas e o lavado dos coches

A Xunta pide restrinxir a rega de xardíns, as piscinas e o lavado dos coches

Esta primavera de 2022 está a ser unha das máis secas dos últimos anos en Galicia

Hai perigo de vivir unha situación crítica de escaseza de auga nos meses de agosto e setembro

G24.gal 20/05/2022 14:16

A boa situación actual nos encoros non debe levarnos a engano, porque os acuíferos están moi baixos en Galicia. Apenas chove desde marzo. Estamos en prealerta por seca e, se non se fai un consumo eficiente, a escaseza no abastecemento podería chegar no medio do verán.

"A cidadanía non está sendo consciente. Os encoros están cunha ocupación importante, pero a auga que está entrando é moitísimo menos da que debería de estar entrando. Tivemos un mes de febreiro moi seco, un mes de abril moi seco. Se non tomamos medidas anticipadas, pode ser realmente moi preocupante", explica a conselleira Ethel Vázquez.

Precisamente a promoción dun uso responsable da auga é un dos eixes que vertebran o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa, que acaba de ser remitido ao Ministerio de Transición Ecolóxica. A saúde dos bosques de ribeira, balsas impermeabilizadas para os xurros, aplicación directa de caudais ecolóxicos e a dixitalización dos datos son medidas que complementan as de saneamento, depuración e abastecemento.

"Tamén imos facer obras verdes, de renaturalización de ríos, para tentar que os procesos naturais axuden ao bo estado das masas de auga", engade a directora de Augas de Galicia.

O reto é aumentar 20 puntos as augas de calidade para chegar ao 100 % en 2027.
Xunto co de Baleares, o plan galego será o primeiro en dotar de rango de lei as medidas de protección das bacías, e en afrontar o reto do cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade