Publicador de contidos

A Xunta inicia os trámites para simplificar a solicitude de dependencia

A Xunta inicia os trámites para simplificar a solicitude de dependencia

Un decreto acurtará prazos e reducirá os documentos a presentar

G24.gal 02/11/2021 17:12

A conselleira de Política Social, Fabiola García, indicou que se publicou este martes no Portal de Transparencia o inicio da tramitación do decreto que simplificará a tramitación da dependencia.

Este decreto, que forma parte do plan de choque aprobado no mes de maio, permite unificar dous procedementos como a solicitude do grao en dependencia e a asignación dun plan individual de atención. Ambos os procedementos fusionaranse nun só co que se acurtarán os prazos e tamén os documentos para presentar.

Así o lembrou durante a presentación do primeiro Plan de formación continuada para preto de 10.000 profesionais dos servizos sociais de Galicia que realizou aos propios traballadores do sector.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade