Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta critica o Goberno por escurantismo no modelo de coidado aos maiores

A Xunta critica o Goberno por escurantismo no modelo de coidado aos maiores

A conselleira de Política Social lamenta que a proposta non fose consensuada

Fabiola García denuncia que o "Executivo anuncia e as comunidades pagan"

 

G24.gal 28/06/2022 20:19 Última actualización 28/06/2022 20:51

A Xunta lamenta a improvisación e o escurantismo do Goberno central nas propostas para redefinir o modelo de coidados aos maiores.

A conselleira de Política Social critícalle ao Executivo que presente un documento que non foi consensuado.

Fabiola García denunciou ademais que o Goberno "anuncia e as comunidades, dixo, pagamos".

"Son inaceptables porque dificultarían o acceso dos cidadáns ao ámbito dos coidados ao eliminar prazas en residencias e postos de traballo. Supoñen unha discriminación para todos os centros que están no noso rural e que en Galicia representan, ademais, a gran maioría. Este sistema carece de coordinación sociosanitaria e ademais o Goberno central non garante o orzamento necesario para facer fronte aos seus custos", di a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade