Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba axudas de ata 4.000 euros para comprar coches eficientes

A Xunta aproba axudas de ata 4.000 euros para comprar coches eficientes

Poderán beneficiarse particulares con residencia habitual en Galicia e empresas co domicilio social aquí

As familias numerosas terán un 20 % máis de axuda

G24.gal 25/11/2021 22:16

O Consello da Xunta tamén aprobou unha nova edición do programa Renove Automoción para apoiar a compra de vehículos eficientes.

O parque móbil en Galicia ten unha idade media de catorce anos, e o obxectivo deste plan da Xunta é cambiar máis dun milleiro de coches antigos por novos que reduzan as emisións de gases de efecto invernadoiro e melloren a calidade do aire.

Poderán beneficiarse tanto particulares con residencia habitual na nosa comunidade autónoma como empresas e autónomos co domicilio social aquí, que poderán mercar un máximo de dez vehículos.

As axudas serán de entre 3.000 e catro mil euros segundo a clase de coche ou furgoneta cun custo inferior a 40.000 euros. A Xunta porá 2.000 ou 3.000 euros e os outros mil os concesionarios. As familias numerosas terán un 20 % máis de axuda. O prazo para solicitar as axudas comeza o 17 de xaneiro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade