Publicador de contidos

A Xunta aproba 18 millóns de euros para axudas á exportación de empresas e autónomos

A Xunta aproba 18 millóns de euros para axudas á exportación de empresas e autónomos

Esta medida enmárcase na Estratexia Galega de Internacionalización

G24.gal 13/01/2022 16:12

No primeiro Consello da Xunta do ano aprobouse unha simplificación dos trámites que teñen que facer os autónomos para accederen a subvencións e tamén varias liñas de axudas para impulsar as exportacións das empresas galegas.

Ao longo deste ano a Xunta vai dedicar case 18 millóns de euros en axudas á exportación para 850 medianas e pequenas empresas e autónomos.

Esta medida enmárcase na Estratexia Galega de Internacionalización, que se marca como obxectivo multiplicar por tres as exportacións a América do Norte, duplicar as vendas en América do Sur e Asia ou aumentalas nun 25 % no Reino Unido.

Alberto Núñez Feijóo destaca que ese plan está xa dando resultados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade