Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta apoia a recuparación da actividade da nave incendiada no Porriño

A Xunta apoia a recuparación da actividade da nave incendiada no Porriño

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía visitou as instalacións e reuniuse cos responsables da empresa e os 8 traballadores afectados

G24.gal 22/04/2022 13:28

Os propietarios da nave incendiada no Porriño hai apenas 48 horas comezan xa a facer balance dos danos.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía visitou as instalacións e reuniuse cos responsables da empresa e os 8 traballadores afectados para estudar os pasos que poden dar con vistas ao futuro.

Francisco Conde asegurou que contan co apoio da Administración autonómica para que poidan recuperar a súa actividade canto antes. Explicou que van traballar avaliando os danos e a situación co seguro e a partir de aí ver que pasos se poden dar que teñan lóxica dende o punto de vista empresarial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade