Publicador de contidos

Publicador de contidos

A venda de chocolate artesán colle forza

A venda de chocolate artesán colle forza

Podemos saber mesmo de que leira procede o cacao e o seu ano de produción

G24.gal 04/01/2023 20:44 Última actualización 04/01/2023 21:34

Os axudantes dos Reis Magos traballan estes días arreo e cada vez son máis os que apostan por agasallos diferentes. Dende hai uns meses en Vigo contan cunha exclusiva tenda de chocolates artesáns capaz de conquistar os padais máis selectivos. 

Son chocolates de autor, artesáns, con produción limitada e con personalidade. Podemos saber mesmo de que leira procede o cacao e o seu ano de produción.

"Son lotes moi seleccionados, de leiras con rastrexabilidade e comercio xusto, de obradoiros pequenos. Todo se fai de xeito moi artesanal e iso faino tan especial", Miguel Rodríguez, dono da tenda.

Nun pequeno espazo podemos viaxar polo mundo con cacao de distintas orixes. 

"Unha vez que probas este chocolate, xa non hai volta atrás ao chocolate industrial", relata Miguel.

Estes días o traballo multiplícase porque cada vez son máis os que buscan agasallar con estas pezas doces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar