Publicador de contidos

Publicador de contidos

A venda de abetos de Nadal arranca lenta

A venda de abetos de Nadal arranca lenta

Os viveiros quéixanse de que baixou a demanda

As árbores máis pequenas andan polos 21 euros

 

G24.gal 05/12/2022 21:05 Última actualización 05/12/2022 21:44

"Si,  subiron, pero as marxes valas baixando para poder vender algo. O máis pequeno anda polos 21,50 euros e veñen en testos", conta o dono deste viveiro de Santiago.

Os maiores cultivadores de abetos de Nadal da península, que distribúen a súa produción para España e o sur de Francia din que aumentaron as vendas por riba do dez por cento este ano. En Galicia a demanda semella ben máis modesta.

"De momento, pouquiña cousa, ou a xente está agardando a última hora, ou non sei as vendas non van moi alá que digamos. Desde que saíu o abeto de plástico isto deixou de traballarse, antes andabas polas 1.200 unidades de venda e agora nin a cuarta parte, polo menos aquí en Galicia", di Xosé Manuel.

Máis saída tiveron esta tarde as flores de Pascua.

"Unha planta é vida", comenta un comprador.

Sexan flores de Pascua ou abetos, os xardineiros apelan á conciencia ecolóxica no momento de decorar a casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar