Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE dálle luz verde á entrega de munición de artillería a Ucraína

A UE dálle luz verde á entrega de munición de artillería a Ucraína

Os líderes dos 27, reunidos no segundo cumio europeo do ano

G24.gal 23/03/2023 20:50 Última actualización 23/03/2023 21:00

Os 27 celebran este xoves e venres o segundo cumio europeo do ano en Bruxelas.

Unha das primeiras decisións foi aprobar o acordo para subministrar munición de artillería a Kiev e apoiar o plan de paz de Ucraína.

Coas turbulencias bancarias causadas pola creba do Silicon Valley Bank nos Estados Unidos e a venda de Credit Suisse, tamén abordarán a necesidade de culminar a Unión Bancaria Europea.

Todo isto nun cumio que estará moi centrado na reforma das regras fiscais, que inclúe a revisión do mercado eléctrico. España leva unha petición concreta: estender a chamada excepción ibérica ata o 31 de decembro.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, di: "É importante porque estanos permitindo aforrar 5.000 millóns de euros en factura enerxética, que deixan de pagar os cidadáns".

O presidente do Goberno avanzou que España recibirá a semana que vén o terceiro  desembolso de fondos europeos, 6.000 millóns que sitúan o país á cabeza da Unión.

Por iso resaltou a importancia de reformas coma a das pensións, e apelou a todos os partidos a que a avalen o próximo xoves no Congreso.

"Creo que non é só un deber senón tamén unha obriga apoiar unha reforma moi importante e que traballamos da man da Unión Europea", dixo.

Nos dous días de cumio, os líderes dos 27 contactarán por videoconferencia co presidente ucraíno, Volodomir Zelenski.

O conflito será un dos temas que tratará o presidente español co chinés, XiJinping, no encontro confirmado a semana que vén en Pequín.

"Creo que é importante coñecer de primeira man a súa posición".

Pedro Sánchez agradece o convite do presidente chinés, que interpreta como un recoñecemento ao papel internacional que xoga España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade