Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE aproba o noveno paquete de sancións contra Rusia

A UE aproba o noveno paquete de sancións contra Rusia

Desbloqueados os 18.000 millóns de axudas a Ucraína

Inclúense sancións a 144 individuos e 48 empresas rusas Inclúense sancións a 144 individuos e 48 empresas rusas
G24.gal 16/12/2022 08:09

A Unión Europea aprobou a novena rolda de sancións contra Rusia pola guerra en Ucraína. Inclúe castigos contra 144 persoas e 48 empresas rusas e tamén a prohibición de exportar drons a Moscova e a terceiros países como Irán para evitar que lle proporcionen armas de orixe europea con que bombardear cidades ucraínas.

Tamén se desbloquearon os 18.000 millóns de euros que os Vinte e sete transferirán a Ucraína en 2023, despois de que Polonia levantase o bloqueo que mantiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade