Cargando resultados...
A traiñeira de Bueu, unha cuestión de familia
Tres parellas de irmáns reman xuntos no líder da Liga Galega de Traiñeiras
G24.gal
07/07/2022 22:05
Na liga galega de traiñeiras, de catro regatas que levamos ata agora, Bueu gañou tres. Líder incontestable na clasificación e agora mesmo o principal candidato a levar a Liga. Mesmo xa mellorou a cifra de vitorias da temporada pasada.
Poida que un dos segredos do seu éxito, que non o único, sexa que ten un cadro de remeiros moi familiar. Se nos metemos na traíña de Bueu, atoparemos cousas curiosas: hai tres parellas de irmáns.