Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba dos carburantes fai medrar as vendas de vehículos eléctricos ou híbridos

A suba dos carburantes fai medrar as vendas de vehículos eléctricos ou híbridos

A fabricación de vehículos eléctricos medrou un 30% e a de híbridos un 300%

Nalgúns concesionarios os vehículos eléctricos e híbridos supoñen xa o 30% das vendas

Os vehículos eléctricos contan cada vez con máis mercado por mor da suba dos carburantes
G24.gal 25/03/2022 20:28

Os clientes miran tódolos detalles polo miudo para tomar a mellor decisión á hora de mercar un coche. Porque co prezo que levan os carburantes son cada vez máis os que buscan vehículos eléctricos, híbridos ou de gas.

Unha tendencia que confirman as cifras de vendas de moitos concesionarios. E iso que algúns condutores cren que polo momento é mellor agardar. Malia todo medrou un 30 por cento a fabricación de eléctricos e un 300 por cento a de híbridos. 

O que medrou tamén, e moito, foi a venda de vehículos de ocasión, sobre todo porque os concesionarios apenas teñen turismos novos pola crise dos microchips. E iso o cliente nótao nos prezos. No que vai de ano a produción de vehículos en España caeu máis dun 15 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade