Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sétima onda da covid avanza en Galicia sumando contaxios e hospitalizacións

A sétima onda da covid avanza en Galicia sumando contaxios e hospitalizacións

Os pacientes ingresados son case 800 e este luns sumáronse 753 contaxios

Expertos advirten de que ata dentro de tres semanas non acadaremos o pico

G24.gal 04/07/2022 14:50

Coa curva en pleno ascenso, xorde o debate respecto á implantación ou non de novas medidas como o uso da máscara. 

Desde o dez de xuño o aumento dos casos é imparable. En España, a incidencia sitúase nos 996 casos por cada cen mil habitantes e os ingresados chegan aos dez mil.

As dúas novas mutacións do virus son máis contaxiosas e sortean mellor a inmunidade que nos proporcionaron as vacinas, pero segundo os expertos menos agresivas.

A situación tamén se complica en Galicia, con 753 casos novos e cun aumento dos hospitalizados con 771 en planta e 25 nas unidades de coidados intensivos. 

As áreas sanitarias galegas con máis casos activos son a da Coruña, con preto de 3.000, seguida das de Santiago e Vigo. Os expertos sinalan que o pico desta sétima onda podería chegar en tres semanas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade