Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca obriga a restrinxir o uso da auga para rega no Val de Lemos

A seca obriga a restrinxir o uso da auga para rega no Val de Lemos

O encoro de Vilasouto está a un 46% da súa capacidade

Só se autorizarán dúas regas en todo o verán

G24.gal 20/06/2022 20:29 Última actualización 20/06/2022 20:42

O encoro de Vilasouto é dos poucos en Galicia que non produce electricidade.

Só se construiu hai 50 anos para dar servizo de regadío a 4.700 hectáreas de terreo no Val de Lemos.

A falta de chuvias e de nevaradas deixou a súa capacidade ao 46% polo que este verán só se van poder facer dúas regas e exclusivamente en parcelas dedicadas ao cultivo de millo forraxeiro, que abrangue unhas 1.000 hectáreas.

Unha medida imprescindible, segundo a Comunidade de Regantes.

O resto de encoros galegos aínda non están en niveis alarmantes, pero os ríos e mananciais que os abastecen non chegan ao 50% do seu caudal.

Por iso se decretou a prealerta por seca.

Os gandeiros de Lemos insisten na necesidade de que o uso da auga de rega sexa só para o millo xa que a colleita deste ano é fundamental ante a falta de cereal procedente de Ucraína.

As últimas chuvias permitiron atrasar algúns días a primeira das dúas regas previstas neste encoro de Vilasouto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade