Publicador de contidos

Publicador de contidos

A festa da Reconquista de Vigo quenta motores nas vésperas do 28 de marzo

A festa da Reconquista de Vigo quenta motores nas vésperas do 28 de marzo

Domingo de música, obradoiros e desfile das tropas napoleónicas pola zona vella da cidade

O prato forte chega a vindeira fin de semana co mercado tradicional e coa expulsión dos franceses

 

G24.gal 26/03/2023 16:27 Última actualización 26/03/2023 19:30

Continúan os actos e os festexos para esta Reconquista de Vigo, que xa quenta motores de cara aos días grandes: o 28 de marzo, festivo local na cidade, e a vindeira fin de semana, cando se agarda a maior afluencia de público.

Este domingo na praza do Berbés os asistentes desfrutaron dun concerto dirixido polo grupo Monteira Danzas do Mundo e amenizado polo grupo de baile The Black Fingers. Ao mesmo tempo, o exército francés despregou as súas tropas polos diferentes recunchos do casco histórico.

Tamén houbo un obradoiro de baile tradicional e os máis cativos puideron gozar de diferentes actuacións na Porta do Sol.

En definitiva, unha ampla programación que se prolongará ao longo de toda esta semana e que culminará o venres coa colocación dos diferentes postos tradicionais para dar vida a un mercado que quere rememorar o Vigo de 1809.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade