Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rápida actuación de dous gardas civís do Grove permite salvar a vida dun home

A rápida actuación de dous gardas civís do Grove permite salvar a vida dun home

Os axentes actuaron cando viron un home con problemas de saúde no paseo marítimo da vila

G24.gal 17/02/2023 15:02

Eran as sete da tarde. Unha patrulla da Garda Civil do Grove facía o percorrido habitual polo paseo marítimo de Lordelo. Os axentes deciden parar ao ver un home, duns 60 anos, que parecía encontrarse mal.

"Tiña síntomas de ter algún tipo de problema. Paramos o vehículo, fomos cara el e démonos conta de que non podía respirar. Comprobamos que tiña unha traqueotomía realizada e é un tema que nós non somos capaces de tratar", explican.

Foi por iso que decidiron subilo ao vehículo oficial e trasladalo ao punto de atención continuada, que se encontra a pouco máis dun quilómetro do paseo. O persoal médico atendeu de inmediato o paciente e axiña consegue eliminar a obstrución que lle impedía respirar.

Foi unha intervención rápida e discreta, pero os axentes están satisfeitos de constatar que o seu traballo, case con total seguridade, salvou unha vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade