Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden que Portugal aclare se esixirá tests negativos aos traballadores transfronteirizos

Piden que Portugal aclare se esixirá tests negativos aos traballadores transfronteirizos

10.000 traballadores transfronteirizos están pendentes das medidas

G24.gal 29/11/2021 20:34

Hai situacións polas que non quere volver pasar ninguén, como as colas e as esperas que se rexistraron nos pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal de marzo a xuño de 2020.

A nova normativa sanitaria entra en vigor en Portugal o vindeiro 1 de decembro. A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño xa pediu que os 10.000 traballadores transfronteirizos queden exentos de presentar probas negativas se, finalmente, a medida tamén se aplica nas entradas ao país por estrada. 

Segundo o organismo transfronteirizo, o peche da fronteira durante a primeira vaga da pandemia provocou unha perda de facturación de 92 millóns de euros nos 26 concellos da raia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade