Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón sobre os incendios: "Teñen que significar un punto de inflexión, hai aspectos que dependen de decisións políticas"

Pontón sobre os incendios: "Teñen que significar un punto de inflexión, hai aspectos que dependen de decisións políticas"

A voceira nacional do BNG reclama medidas estructurais como saída á crise de prezos

Que se reabra a central das Pontes ten que ser unha oportunidade para que se faga unha transición enerxética xusta no país, salienta

G24.gal 21/07/2022 07:51 Última actualización 21/07/2022 10:30

A voceira Nacional do BNG Ana Pontón abordou os principais asuntos da actualidade este xoves na Radio Galega

En relación cos incendios, a voceira nacional do BNG solidarizouse con todos os afectados e remarcou que o que está acontecendo debe supoñer un punto de inflexión político.

Pontón reivindica unha política forestal moito máis protectora, que aposte pola ordenación do territorio, investimento en prevención e un novo modelo de xestión que evite o abandono do monte. 

Sobre as axudas ós damnificados que o Consello da Xunta aprobará este xoves, salienta a representante do BNG que teñen que ser axudas extraordinarias, non só para aqueles que perderon as súas vivendas, senón tamén para poñer en marcha esas novas políticas. 

Pontón reclama que se declaren catastróficas as zonas azoutadas polo lume, en previsión das axudas que se precisarán para a reconstrución destes espazos. Non só vivendas, senón tamén contornas naturais.

Medidas anticrise

Argumenta Pontón que estamos nun momento no que cómpre poñer medidas para rematar cunha guerra con serias consecuencias para as economías en Europa. Critica medidas adoptadas pola Xunta ante a suba de prezos que afecta de cheo a moitas familias, entre elas a suba dos impostos pola auga ou a eliminación da tarxeta básica.

Neste contexto, Pontón reclama medidas estruturais á crise de prezos, entre elas, reivindica, axudas para gastos básicos de vivenda, axudas a determinados sectores produtivos na liña do que xa veñen facendo outros gobernos autonómicos, afirma.

25 de Xullo 

Nesa liña precisamente vai a mensaxe do 25 de Xullo. No día de Galicia, o BNG pide : "Unha saída xusta e social", á crise que atravesamos. Neste sentido reclama medidas para paliar esa crise de prezos, entre elas poñer tope é luz, ou a tarifa eléctrica galega que os nacionalistas xa veñen reclamando hai tempo.  

Transición xusta deféndea tamén para as Pontes. Neste sentido, Pontón considera que a reapertura da central debe ser unha oportunidade para que se faga unha transición enerxética xusta no país e que se xere emprego de calidade. Cómpre tamén repensar o modelo de consumo enerxético, puntualiza.

Entre outros asuntos, reivindicou rematar coa precariedade laboral no eido sanitario, o problema de fondo na falla de sanitarios en atención primaria. 

No plano político, a cabeza dos nacionalistas galegos considera relevante que neste momento a cidadanía recupere a confianza na política. Define o BNG como "a única forza coas mans libres para defender os mesmos intereses para os galegos aquí que en Madrid", remata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade