Publicador de contidos

Publicador de contidos

A proposta de viabilidade para a planta de Alcoa San Cibrao, asinada en prazo

A proposta de viabilidade para a planta de Alcoa San Cibrao, asinada en prazo

O documento recolle o cesamento temporal da actividade ata o 31 de decembro de 2023

G24.gal 29/12/2021 20:43

A proposta de viabilidade para a planta de Alcoa San Cibrao, a única de aluminio primario que queda en España, foi asinada este mércores, como quería a dona do complexo industrial de Cervo (Lugo), tras o referendo do martes en que o persoal apoiou, na súa maioría, parar as cubas dous anos.

O comité de empresa informou da sinatura do documento que recolle o cesamento temporal da actividade de electrolisis e da planta de ánodos ata o 31 de decembro de 2023.

O proceso iniciarase a partir do 1 de xaneiro de 2022 e deberá estar finalizado nun prazo máximo de tres semanas.

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, viaxa a Galicia este 30 de decembro para reunirse co vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, así como con alcaldes da comarca da Mariña de Lugo, onde está a factoría, e avaliar a situación actual na que queda.

Alcoa comprométese, e así quedou por escrito, a traballar para alcanzar canto antes preacordos de subministración eléctrica para un período a medio e longo prazo, a partir de 2024, e de polo menos dez anos, de forma que se poida alcanzar un prezo da enerxía minimamente competitivo.

Esta proposta, que foi referendada, estaba condicionada á desconvocatoria da folga actual e ao mantemento da paz social ata, polo menos, o 30 de xuño de 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade