Publicador de contidos

Publicador de contidos

Von der Leyen chega a Kíiv tras unha noite de lanzamento de mísiles rusos sobre a capital

Von der Leyen chega a Kíiv tras unha noite de lanzamento de mísiles rusos sobre a capital

Ursula von der Leyen di estar a facer unha visita "simbólica" por coincidir co Día de Europa e "moi práctica" para o inicio das negociacións de adhesión de Ucraína á UE e falar da aplicación "estrita" das sancións contra Rusia

A aviación rusa lanzou a pasada noite "unha quincena" de mísiles de cruceiro contra Kíiv que foron interceptados polas defensas aéreas ucraínas

Ademáis, o Estado Maior do exército ucraíno rexeitou este martes os rumores sobre posibles ataques contra os desfiles cos que hoxe Rusia celebra a vitoria contra o nazismo

G24.gal 09/05/2023 08:45

A presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen chegou este martes a Kíiv nunha visita "simbólica" por coincidir co Día de Europa e "moi práctica" para "preparar o terreo" co presidente de Ucraína Volodimir Zelenski para o inicio das negociacións de adhesión e falar da aplicación "estrita" das sancións contra Rusia, entre outros asuntos.

"A miña presenza en Kíiv hoxe, 9 de maio, é simbólica, pero tamén é o signo dunha realidade crucial e moi práctica: a UE traballa de xeito conxunto con Ucraína en moitos asuntos", dixo Von der Leyen no tren que a levou a Kíiv.

Trátase da quinta visita que a xefa do Executivo europeo efectúa a Ucraína desde a invasión rusa do 24 de febreiro de 2022 e coincide co Día de Europa, festividade da Unión Europea que a partir de hoxe van celebrar as autoridades ucraínas cada 9 de maio, dando as costas así á tradición soviética de conmemorar o Día da Vitoria contra o nazismo.

A aviación rusa lanzou a pasada noite "unha quincena" de mísiles de cruceiro contra Kíiv que foron interceptados polas defensas aéreas ucraínas, horas antes da chegada en tren á capital ucraína da presidenta da Comisión Europea.

Os mísiles foron destruídos antes de completar a súa traxectoria e non causaron vítimas ou danos materiais de consideración nas infraestruturas públicas.

O Estado Maior do exército ucraíno rexeitou este martes os rumores sobre posibles ataques ucraínos contra os desfiles cos que en Rusia se celebra a vitoria contra o nazismo o 9 de maio e afirmou que Ucraína loita “só na fronte” e non atacará eventos nos que participen civís. (Axencia EFE)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade