Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía portuguesa investiga un posible desvío de fondos europeos

A policía portuguesa investiga un posible desvío de fondos europeos

As pescudas céntranse en empresas de varias localidades lusas

Sospéitase que defraudaron cartos recibidos dos fondos FEDER da Unión Europea

Alberto Mancebo 24/05/2022 18:18

A policía lusa desenvolveu este martes un operativo de rexistros nas localidades de Aveiro, Beja, Braga, Castelo Branco, Coímbra, Évora, Faro, Guarda, Lisboa, Porto, Portalegre, Santarém e Setúbal no marco dunha investigación a varias empresas que supostamente desviaron millóns de euros de fondos europeos de xeito fraudulento. 

Os donos das compañías xa son sospeitosos formais, "arguidos" en Portugal. Son 21 empresarios e 16 empresas. 

Trataríase de proxectos susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) con incentivos superiores aos 3 millóns de euros. Os axentes traballan sobre os delitos de estafa no xeito de obter as subvencións e fraude fiscal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade