Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o home que se atrincheirou coa filla na súa vivenda en Coslada

Detido o home que se atrincheirou coa filla na súa vivenda en Coslada

A rapaza foi liberada e atópase en perfecto estado

A súa irmá conseguiu escapar por unha ventá

O home estaba implicado nun caso de violencia machista

O momento da detención
G24.gal 04/06/2022 17:36 Última actualización 04/06/2022 21:20

A Policía Nacional detivo o home que se atrincheirou este sábado na súa vivenda no concello madrileño de Coslada xunto a unha das fillas, menor de idade. A rapaza foi liberada e atópase en perfecto estado tras varias horas encerrada no interior do piso co seu proxenitor.

A media tarde, os negociadores da Policía Nacional conseguían que o home se entregara despois de sete horas nas que retivo a menor ameazada dentro do domicilio. 

"Atrincheirouse coas súas dúas fillas menores, de 15 e 12 anos. Unha delas conseguiu escapar por unha ventá do domicilio que lindaba cunha terraza da vivenda do lado. A outra quedou atrincheirada co pai no interior", relata Silvia Pérez, voceira da Xefatura da Policía Nacional en Madrid.

O home estaba implicado nun caso de violencia machista con respecto á nai das cativas e atrincheirouse cando o viñan deter. 

"Despois de horas de negociación conseguiuse liberar esta menor e procedeuse á detención inmediatamente deste individuo, como presunto responsable de diferentes feitos delituosos como detención ilegal, secuestro e malos tratos", asegura a voceira policial.

O detido ademais de reter a súa filla ameazou con voar o edificio onde vivían con bombonas de butano, polo que desaloxaron os veciños. Ningunha das menores sufriu danos físicos e foron asistidas psicoloxicamente xunto coa nai. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade