Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía prende dous mozos na Coruña tras roubaren en dúas tendas de alimentación

A Policía prende dous mozos na Coruña tras roubaren en dúas tendas de alimentación

Os ladróns romperon os cristais dos negocios cunha pedra

Conseguiran fuxir con varias botellas de alcol, unha caixa rexistradora e un teléfono móbil

G24.gal 12/11/2025 14:53

Nas imaxes da cámara de seguridade vese como os ladróns conseguen romper o cristal dun dos escaparates laterais dunha tenda de produtos delicatessen situada a escasos metros dos Cantóns.

"Eran dous mozos que romperon o cristal a pedradas. Levaron tres botellas de viño", explica Pablo Álvarez, propietario de Álvarez Delicatessen.

Faltaban poucos minutos para as tres da madrugada deste martes. "A policía chegou rápido porque un veciño escoitou ruídos e chamou", engade Álvarez.

De aquí marcharon á carreira cara a outra tenda de alimentación, situada en fronte do paseo marítimo. E actuaron do mesmo xeito. 

"Cunha pedra romperon a porta e levaron botellas de alcol, a caixa rexistradora. Aínda non fixen ben as contas, pero sobre mil euros. Tamén levaron a miña tarxeta do banco e fixeron dúas compras", conta Mahadi Manna Monsur Mir, propietario de Kool Express.

Mahadi conta que abriu este negocio en decembro do ano pasado. Nestes once meses, esta é a terceira vez que lle entran a roubar.

Desta volta, a Policía Nacional logrou prendelos. Trátase de dous mozos magrebís, detidos previamente por entrar de xeito ilegal en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade