Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía de Nova York identifica o sospeitoso do ataque no metro

A policía de Nova York identifica o sospeitoso do ataque no metro

As forzas da orde piden a colaboración cidadá para atopar a Frank James, e ofrécense 50.000 dólares de recompensa por calquera información

A Policía de Nova York identificou como "persoa de interese" polo ataque do metro a Frank James
G24.gal 13/04/2022 08:26

A Policía de Nova York identificou como "persoa de interese" polo ataque do metro deste martes a Frank James, un home de 62 anos que as autoridades están buscando "con todos os recursos" dispoñibles, aínda que non se esclareceu se é o autor dos feitos. 

Segundo explicou nunha conferencia de prensa o xefe de detectives da Policía de Nova York, James Essig, as autoridades atoparon no lugar do crime unha chave dunha furgoneta de alugueiro da compañía U-Haul, que os levou á localización do vehículo nunha vía principal de  Brooklyn, que foi acordoada e está a ser investigada.

James foi identificado como a persoa que alugou a furgoneta, e a policía trata de "localizalo para determinar a súa conexión co tiroteo do metro, se é que hai algunha", dixo o xefe policial. 

O detective xefe detallou que o autor do ataque lanzou dúas bombas de fume no segundo vagón do tren da liña N cando se atopaba entre as paradas das rúas 59 e 33, tras o que efectuou polo menos 33 disparos cunha arma Glock de 9 mm, que feriu a 10 persoas.

As forzas da orde piden a colaboración cidadá para atopar a Frank James, e ofrécense 50.000 dólares de recompensa por calquera información que poida levar a súa localización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade