Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía entrega á xuíza un vídeo onde os detidos polo crime de Samuel van armados

A policía entrega á xuíza un vídeo onde os detidos polo crime de Samuel van armados

O vídeo atopárono no teléfono móbil dun dos detidos no transcurso da investigación

G24.gal 17/11/2021 12:14

A Policía Nacional entregoulle á xuíza de Instrución número 8 da Coruña un vídeo en que aparecen a maioría dos detidos polo crime de Samuel Luiz armados, con música de fondo, e que os investigadores consideran "violento", segundo informaron a Efe fontes do corpo.

O vídeo atopárono no teléfono móbil dun dos detidos no transcurso da investigación e posteriormente foi entregado á sede xudicial.

Entre as armas que portaban figuran machetes e bates. Polo morte de Samuel, sucedida na madrugada do 3 de xullo na Coruña, foron detidas sete persoas, das que tres están en prisión, dúas nun centro de menores e outras dúas en liberdade con comparecencias no xulgado.

O comisario responsable da investigación insiste en que Samuel morreu polos golpes recibidos, non polo uso de armas ou por unha navallada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade